DEZ PATAS E DÚAS COLAS

UNHA OLLADA DESDE O INTERIOR DE GALICIA

sábado, 20 de febrero de 2010

V Festival de Músicas Contemplativas | Doce Notas

V Festival de Músicas Contemplativas | Doce Notas


Música para o recollemento, cunha oferta de varios países e para distintas sensibilidades

Accesible e gratuíto...

en Compostela

lunes, 15 de febrero de 2010

Antroido, Entroido, Entrudo





Empeza o novo ano. Desperézase a natureza e para expresar o latexo profundo da natureza que esperta a montaña de Ourense énchese de folións, sachos para acompañalo
Cores, bromas, fariña, toleadas...e tes que participar
Gústame como axiña formas parte do grupo, folión...aquí non se ven mirar
Gústame como viven e expresan ese tesouro que recibiron por ter nacido onde naceron...que sorte ten quen vive un lugar con raíces profundas, que te atan pero tamén che fan libre e aberto

Gústame o entroido de Ourense

Agora sí empeza o ano

domingo, 7 de febrero de 2010






Planeta musgo no que habitamos
Olor a terra mollada, húmido, son do río, chan de follas, liquen
Espónxome por dentro, zume de terra
Meu cerne

sábado, 6 de febrero de 2010

- Ola, que fas?
- Aquí, diante da pantalla, un sábado pola noite
- Ah!
- Pois eso. A ver que botan na tele

jueves, 4 de febrero de 2010

E chega o Entroido





Teño un colega para quen o ano en realidade empezaba no Entroido...pois non é unha mala cousa, non...
O que sí é certo é que aínda que sigue a facer frío sí se nota como van medrando os días...e a natureza empeza a activarse...para mín é como un "rumrum" de fondo...
Eu sinto o entroido como a chamada á natureza que en breve estourará
E...

Cal será meu destino este ano?

Faláronme do entroido de Hio, aqui en Sarria crearon o de Louseiro...

Pero para mín o corazón do Entroido sigue estando en Ourense

Laza? Vilariño de Conso? Maceda? Castro? Ufff

O ano pasado estiven por vez primeira en Maceda...cun grupo de felos que non tardaron nin dous minutos en invitarnos a subirnos ó tractor e ir con eles, de aldea en aldea...Aconsello probalo

Alá vamos, Entroido!

miércoles, 3 de febrero de 2010

Hoxe vai de corpo



Temos a pel, temos os músculos, temos ósos...
Entrelazados entre sí, unidos íntimamente...o que fas nunha parte do corpo repercute na totalidade del...
De todas as partes do corpo, quédome coa articulación sacroilíca...
curiosamente ten forma de bolboreta e dentro dela están acubillados algúns dos órganos máis importantes do noso corpo

E tamén o oso sacro. Por algo se lle chama así...
Todo este speech simplemente ven a conto de que eu experimento que a nivel muscular e óseo todo o que sucede no meu corpo depende desta pequena articulación
Para mín está aí o centro do meu corpo. Toooda contractura, toodo dolor de espalda, o agarrotamento das mandíbulas, esa dor na planta do pe...depende da saúde e flexibilidade desa pequena articulación

martes, 2 de febrero de 2010

"MULLERES FORTES"


Teño oído moitas veces que as mulleres do Norte somos "fortes"...
e penso moito sobre iso.
Para mín ser forte non é ser lercha, non é ser controladora, lercha, á defensiva, dura...adoptar unha postura máis propia dun home ca dunha muller
É máis forte un xunco ca unha barra de aceiro...
Quizáis aquí en Galicia dáse moito este perfil naqueles lugares onde os homes marcharon fora, onde os homes están moito tempo fora, na mar... cantos referentes se poden buscar en tooda a nosa cultura que xustifique...que a muller esté masculinizada...e os homes deixen de ser homes...


Penso moito no femenino. Dozura, soltura, creatividade

Lene

E búscoo fora quizáis... porque o quero ver medrar en mín
Desde mín e rompendo (outra vez...) con toodo o que me rodea