DEZ PATAS E DÚAS COLAS

UNHA OLLADA DESDE O INTERIOR DE GALICIA

domingo, 31 de enero de 2010

TARDES DE IBUPROFENO

Si sempre é igual...non, que só saio tomar unha....e eran as cinco da mañá, tal e como di a canción...
Polo menos, itinerario novo neste pobo. Por incrible que pareza levo 7 anos vivindo aquí...e só estiven en 5 pubs...sempre a mesma ruta.
Así que se acabó. Ben aquí, en Lugo ou donde sexa, hai que experimentar.
Onte o experimento estivo ben...non quero andar sempre o mesmo camiño!
Aggg, tardes de ibuprofeno

sábado, 30 de enero de 2010


Día de Cd's

Últimamente teño certa tolería de escoitar nova música...creo que vai co feito do "novo" en todo...empezando por mín mesma e moitas cousas novas que atopo en mí...e coas que me achego ós outros...

Hoxe foi un día de cd's. Grava, deseña, portada, pega...non teño pritt...o resultado agrádame moito: 12 cd's mixtos, desde Kevin Johansen ata Lisandro Aristimuño pasando por Marisa Monte....mmmm, Marisa Monte
Para celebralo sairei tomarlle algo por aí...unha ou dúas, maña, día de...buff, mellor nin o penso...traballos de profe...aggg, o peor!

viernes, 29 de enero de 2010

A física cuántica (física das partículas) afirma que todo está inmerso nun fluído electromagnético, incluidos os seres vivos. Isto implica que todo está en comuniación con todo por intermediación da enerxía do punto cero, en inglés "The Field", o campo. Os seres vivos producen luz (ondas electromagnéticas) cara o interior e cara o exterior deles e non son separables do seu entrono. Non se sabe por tanto donde comeza ou remata un ser vivo, cada acción se transmite ó infinito no espazo e no tempo...

Non é meu, é de Joël Dehasse...

Hai pouquiño morreunos Morgan. A súa luz apagouse... a saber onde está a súa enerxía
Aínda me pregunto sobre a reacción espontánea de todos os que dun xeito ou outro estivemos preto del...cantar, tocar, a música...

Sería bonito pensar que con ela poidemos dalgún xeito chegar a él, que estas notas repasadas e voltas a tocar unha e outra vez, ó transformárense en enerxía conectaron coa súa propia, xa diluída no "fluido electromagnetico"
Tampouco está de máis pensar que o mantivemos entre todos entre nós un anaquiño máis...por favor, só un anaquiño máis...

jueves, 28 de enero de 2010

Yan

Yin

Empezando a unha hora algo intempestiva algo que desexaba hai tempo