DEZ PATAS E DÚAS COLAS

UNHA OLLADA DESDE O INTERIOR DE GALICIA

viernes, 29 de enero de 2010

A física cuántica (física das partículas) afirma que todo está inmerso nun fluído electromagnético, incluidos os seres vivos. Isto implica que todo está en comuniación con todo por intermediación da enerxía do punto cero, en inglés "The Field", o campo. Os seres vivos producen luz (ondas electromagnéticas) cara o interior e cara o exterior deles e non son separables do seu entrono. Non se sabe por tanto donde comeza ou remata un ser vivo, cada acción se transmite ó infinito no espazo e no tempo...

Non é meu, é de Joël Dehasse...

Hai pouquiño morreunos Morgan. A súa luz apagouse... a saber onde está a súa enerxía
Aínda me pregunto sobre a reacción espontánea de todos os que dun xeito ou outro estivemos preto del...cantar, tocar, a música...

Sería bonito pensar que con ela poidemos dalgún xeito chegar a él, que estas notas repasadas e voltas a tocar unha e outra vez, ó transformárense en enerxía conectaron coa súa propia, xa diluída no "fluido electromagnetico"
Tampouco está de máis pensar que o mantivemos entre todos entre nós un anaquiño máis...por favor, só un anaquiño máis...

No hay comentarios:

Publicar un comentario